Thursday 02 de May de 2024

Corenta nenos e nenas participan nas actividades da Ludoteca de Verán do Concello de Lousame


 

Corenta nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, participan na Ludoteca de Verán, que se desenvolverá todas as mañás de xullo e agosto nas instalacións do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. Durante a primeira semana, a actividade centrouse en xogos, obradoiros e xogos de auga. Para esta semana están previstas sesións de zumba e body-jump, así como algunha saída á piscina.

Esta Ludoteca de Verán forma parte do programa de conciliación Lousame Concilia, que organiza a Concellería de Igualdade do Concello de Lousame e que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.